Buscador de recursos musicais de autores galegos

Xeral No Comments »

A Consellería de Educación, concretamente a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pon na rede un buscador de recursos musicais de autores galegos, onde é posible pescudar obras musiciais de máis de sesenta compositores galegos.

Musipedia: un buscador de melodías

Recursos No Comments »

Musipedia é un buscador de melodías. Dispoñemos dun teclado onde podemos ir tocando o anaco do que desexamos facer unha busca. A páxina procura anacos que conteñen esa secuencia, identificando o autor e o título da mesma.

Comparativa de reprodutores de audio, vídeo…

Tecnoloxía informática No Comments »

Moitas veces precisamos nos nosos equipos informáticos un útil e cómodo reprodutor de audio ou vídeo que, ademais de gratuito, consuma poucos recursos. Na páxina que a continuación sinalamos, ofrécesenos unha estupenda comparativa dos mellores reprodutores. Xa podemos adiantar que o KM Player é un dos mellores. Deste xeito teremos unha razón máis para fuxir do monopolio de Micro$oft.
Aquí está a comparativa

O hidraulófono

Recursos, Xeral No Comments »

As orixes do órgano actual están ligadas á auga, posto que o seu antecesor foi o Hydraulus ou órgano hidráulico. Este tipo de órgano utilizouse ata o século XII. Durante o Renacemento e o Barroco os órganos hidráulicos se construían en xardíns, covas e palacios. Desde o XVII caeron en desuso debido ao custe elevado do seu matemento.
No órgano hidráulico, un pequeno tubo está situado de xeito que un extremo está aberto ao aire y e o outro chega até un tubo máis grande que contén agua dunha fonte, lagoa ou encoro. Canto máis longa sexa a caída vertical da agua, máis poderosa será a succión e maior será o volume de aire aspirado.
A nova tecnoloxía permite inventar novos instrumentos. O hidraulófono emprega a auga para producir son. Os dedos tapan chorros de auga para xerar o son. Vexan algunhas posibilidades deste instrumento:

Cantan ellas

Música para escoitar, Recursos No Comments »

Cantan ellas é un blogue adicado integramente á canción interpretada por voces femininas. Contén audicións, traducións de letras de lieders e anacos de ópera, preséntanse varias interpretacións da mesma obra para facer comparacións… En definitiva, un sitio para pasar horas e horas escoitando e aprendendo…

Solfeggio in F - Mozart

Partituras, Partituras de Mozart No Comments »

A misa en do menor KV 427 de W.A.Mozart é unha xoia musical pola súa inspiración, pola súa fondura, polo seu lirismo e polos momentos brillantes e de extraordinaria beleza que nos brinda. É música, MÚ - SI - CA. Pode ser creente ou non creente, pero esta música de Mozart chegará ao fondo da alma, non lle deixará indiferente, ten o inmenso poder de elevarnos cara un mundo marabilloso de sons e sensacións. Se non a coñecen, anímense a entrar neste fermoso mundo.

Inspirándose nesta misa, concretamente no fermosísimo Kyrie, Mozart compuxo un exercicio de solfexo, Solfeggio in F , que nós brindámoslle en versión para clarinete e fagote, para que distingan claramente a melodía…

XIX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

Xeral No Comments »

Os días 17, 24 e 31 de agosto, na Colexiata Santa María A Real de Xunqueira de Ambía. Ourense ás 20,00 horas, con entrada libre, desenvolverase o XIX Ciclo de Órgano e Música Antiga. Este evento está organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía e subvencionado por CajaDuero e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.
Un ano máis chega ata nós este ciclo tan fermoso e como de costume, cunha grande calidade nos intérpretes. O día 17 de agosto, tocará Carlos Rodríguez Lajo, organista salmantino que representa á nova xeración de organistas. O día 24 de agosto, será a quenda de Juan de la Rubia, o organista máis galardoado da súa xeración e un auténtico mestre da improvisación. O día 30, Soledad Mendive (órgano), concertista e profesora de órgano do CMUS de Ourense e Sergio Guarné (trompeta) tocarán a dúo e como solistas, dándolle variedade ao ciclo.
Esperamos a calorosa resposta do público que, ano a ano, vén respondendo admirablemente ben ante a calidade dos músicos e da música que soa dentro deste fermoso templo e que ten como protagonista a ese marabilloso órgano ibérico, que recibimos dos nosos antergos e que, entre todos, temos que coñecer, valorar e mantelo nas mellores condicións posibles. Este é, sen dúbida, un dos obxectivos principais deste ciclo.

A Sinfonía nº3 de Beethoven pola Sinfónica de San Francisco

Música para escoitar No Comments »

A Sinfónica de San Francisco (SFS) con Michael Tilson Thomas está a facer o grande labor de achegarlle as grandes obras sinfónicas de todos os tempos ao público dun xeito moi didáctico. Nesta liña, atopamos un material que facilita a comprensión da Terceira Sinfonía “Heroica” de Beethoven en Mi bemol Maior.
Pódese seguir a partitura, ver á vez un vídeo sincronizado coa mesma e seguir explicacións sobre a forma, a instrumentación, as tonalidades polas que transcorre esta obra. Todo en inglés, pero coa linguaxe musical xa saben que non hai fronteiras…

Terceira Sinfonía pola SFS

Fugueta nº3 - Haendel

Partituras, Partituras Haendel No Comments »

Seguindo coa publicación das “Seis Fuguetas” de Haendel, agora imos coa número 3, unha pequena peza en Re Maior con algúns momentos de beleza sonora.
Fugueta nº 3.
Para descargar a versión en pdf, premer nesta ligazón

Como se fabrica unha trompeta

Recursos No Comments »

Estupendo vídeo en castelán sobre a fabricación dunha trompeta.


Feito con WordPress | WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entradas RSS Comentarios RSS Iniciar sesión